O colexio é un lugar fundamental para que nenos e nenas poidan aprender e divertirse, pero as saídas e excursións desenvolven unha aprendizaxe non formal e imprescindible fora das aulas. Os escolares teñen a oportunidade de descubrir lugares novos cos seus mellores amigos e amigas. Algo que non esquecerán.
En Autocares Rías Baixas poñemos os nosos autobuses á vosa disposición, para que as saídas e actividades extraescolares que se organicen fóra do centro poidan levarse a cabo con con todas as garantías de seguridade. Temos unha experiencia de case 100 anos que nos avala.
Os nosos vehículos son de diferentes tamaños para adaptarse a cada clase, desde os pequenos microbuses aos grandes autocares, que conseguirán que nenos e nenas teñan actividades que lles permitan divertirse xuntos.
Fai xa a reserva para as vosas excursións ou traslados e non quedes sen autobús.