Dende o mércores día 10 ata o mércores 24 de agosto, debido as restricións de tráfico durante a celebración das Festas da Peregrina, suprímese a parada Gardería Toxo (parada bus). Paradas alternativas en Praza de Galicia (Nakasa) e Mª Victoria Moreno (parada bus Xunta).
A causa das obras que se están a realizar na rúa Numancia, ata o vindeiro mércores 17 de agosto, inclusive, suspéndese a parada Doctor Canoa (parada bus nº8). Habilítase parada alternativa en Travesía de Vigo (parada bus nº84).