Noticias

30/09/2016


SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE 2016


O balance da Semana Europea da Mobilidade 2016 é moi positivo grazas á implicación dos cidadáns de Pontevedra e a súa participación en todos os actos que se desenvolveron.

Os días 17 e 18 de Setembro os menores de 18 anos puideron viaxar gratis con Autocares Rías Baixas. Como consecuencia, 65 mozos menores de 18 anos subíronse ao autobús de forma gratuíta.

O día 19 de Setembro celebrouse o día 2x1. Os usuarios da tarxeta de Autocares Rías Baixas podían convidar a un amigo para utilizar o servizo de bus gratuitamente. Convidáronse a 43 persoas a gozar da viaxe en compañía.

O Mércores 21 de Setembro realizouse a performance “O Evento do Bus” onde se mostraba o espazo ocupado por 50 coches, 50 bicicletas, 50 peóns e un autobús, nunha das rúas máis transitadas de Pontevedra. Esta actuación tuvo gran repercusión e foi recollida por medios de comunicación a nivel nacional.
O día 22 de Setembro (día de A cidade, sen o meu coche) Autocares Rías Baixas ofreceu o acceso gratuíto ao autobús a todos os usuarios da tarjeta de transporte. O resultado foi un incremento dun 17 % no número de usuarios que utilizaron o transporte público.
Desde Autocares Rías Baixas agradecemos o impulso da Universidade de Vigo, o Concello de Pontevedra, entidades privadas e a Asociación Pedaladas, polo seu traballo para promover actuacións de educación e sensibilización sobre a importancia da mobilidade sustentable.


Fuente: http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2016/09/22/espacio-ocupas-mueves-ciudad/1537960.html
Descargas asociadas:


Nosotros  -  Servicios  -  Flota  -  Rutas  -  Contacto  -  Legal  -  Cookies  -  Mapa
A Igrexa 37, Salcedo 36143 PONTEVEDRA - Tf. 986 856 622
Roxos 145, Sant. de Compostela - 15896 A Coruña - Tf. 981 537 222